Buscar este blog

viernes, 19 de marzo de 2010

Un bosque cheo de faias


Estou seguro de que gozaremos coa lectura deste libro. Ánimo e a empezar!

sábado, 13 de marzo de 2010

Contacontos

Estivo bastante ben, ainda que podia estar mellor se non houbese tantas interrupcións. Pero en xeral moi ben.

miércoles, 10 de marzo de 2010

contacontos

A min pareceume non moi divertido xa que os contos eran para nenos e non sei por que tiñan que contalos o de inglés e traducilos a moza xa que o podia facer simplemente a moza.
jorge valeiras fernandez ,3ºB

Contacontos

A nosoutras gustáronnos os contos; tamén nos gustou que o home falara en inglés porque é unha maneira de aprender un pouco mellor o idioma. Ao principio pensabamos que ía ser máis aburrido , pero os contos pareceronnos divertidos e graciosos. A historieta máis fascinante foi o da morte.


Zulma, Mariana e Leo

Contacontos

Onte actuaron no noso centro Tim Bowley e Charo
Pita contando historietas.
A min gustoume moito, aínda que antes de entrar na biblioteca pensei que ia ser moi aburrido.
Estaba equivocada, foi moi divertido;
como interpretaban, as voces, os contos...
O mellor conto e o que máis me gustou foi o de Arturo.
Pero o que non me gustou tanto foi que Tim só falara en inglés, menos mal que estaba Charo que traducia que senon... sería moi aburrido.

Sara Solanas Esteban 3º B

lunes, 8 de marzo de 2010

8 marzo

lunes 8 de marzo de 2010
Día Internacional da Muller



O 8 de Marzo é unha data de reivindicación do papel da muller na sociedade. Unha data, recoñecida pola ONU, na que se pretende reivindicar a presenza da muller en plano de igualdade co home na nosa sociedade.


Máis para acadar este obxectivo queda aínda moito que facer, moito polo que traballar na casa, na escola... Dende todos os ámbitos da nosa sociedade compre poñer en valor o traballo da muller, compre poñer en valor á MULLER!!





MULLERES DO MUNDO...





MULLER

Non deixes
que te aniquilen.
Nin que decidan
ou pensen por ti.
O cotián
xa non enche.
Necesitas respirar,
necesitas fuxir.
Hai un mundo
aí fóra
esperándote muller.
Non ves
que non queda tempo?
Este tren
non se demora.
Apura a vida, muller.
Hoxe pode ser
o teu día.
O sol saíu para ti.
A aventura
de espertar,
de facer o que queiras.
Comeza a batalla.
Rompe a cuncha.
Que saia a loitadora.
E vive, muller.
Mira, toca,
goza, grita...
Sinte e soña.
Túa vida é só túa.
Experimenta

De SEgrel do Penedo