Buscar este blog

jueves, 30 de abril de 2009

Contacontos

Onte estiveron connosco Tim Bowley e Charo Pita.Contaron diversas historias en ingles.Falaba Tim, Charo traduciao o galego. Todo isto fíxose na biblioteca, onde estaban todolos alumnos de terceiro da ESO.Disfrutamos todos coma nenos,e o tempo pasousenos moi rapido.Contaron algunhas historias das que por desgraza non nos acordamos do título. Estiveron unha hora pero ao rematar non queriamos voltar as aulas,pero os profesores trouxeronnos as aulas mentres que os contacontos conversaron con alguns profesores.

martes, 28 de abril de 2009

María Menendez-Ponte no IES elvña

Onte a partir das doce e media a escritora María Menendez-Ponte nacida en A Coruña veu por primeira vez ao IES Elviña e tamén á cidade para falar da súa etapa como escritora e como persoa para charlar un pouco dos seus libros e da súa vida .
Moitos de nós xa léramos algunha das súas novelas e empezamos a facerlle preguntas aínda que moitas referidas ao seu ámbito persoal pero non lle importou.
Eu por exemplo pregunteille que era o que máis lle gustaba da nosa cidade despois do mar que para ela o mar e algo que ama e gustaríalle estar todo o dia nel.
Ela respondeume con naturalidade que lle gustaba todo, pero esencialmente o mar e que antes de vir as charlas foi dar unha volta polo paseo marítimo.
Esta charla durou máis ou menos unha hora que nós queríamos alargar para non volver ás aulas.
Maria Menendez-Ponte contounos que non tiña un escritorio co seu café como fan moitos escritores e dixo que só necesitaba o seu ordenador.
Comentounos que as súas novelas estaban orientadas ao seu ámbito familiar máis ou menos e que empezou a escribir cando apuñalaron o seu avó e tamén por que era a única cousa que tranquilizaba os seus fillos cando ían de viaxe .

lunes, 27 de abril de 2009

muñeira de chantada

MUÑEIRA DE CHANTADA

Deprenderonme a cantare,as meniñas de trabazo,

deprenderonme a cantare indo polo monte abaixo,

indo polo monte abaixo ailalelo ailalala

(restrouso)

Xa non ten ferreñas ferreñas non ten

xa non ten ferreñas e mais toca ben

e mais toca ben e mais toca ben

xa non ten ferreñas ferreñas non ten

ai que Pereira tan alta

ai que peras tan maduras

ai que nenas tsan bonitas

quen che mas dera na uñas

quen che mas dera nas uñas ailalelo ailalala

(restrouso)

catro cousas ai no mundo que revolven os sentidos

amar e non ser amado

querer e non ser querido

querer e non ser querido ailalelo ailalala

(restrouso)

canta gordo canta gordo

meu irman manoeliño

canta gordo canta gordo

que eu cantarei delgadiño

que eu cantarei delgadiño ailalelo ailalala

(restrouso)

Crepusculo

Unha pelicula que chamou moito a atencion a xente adolescente.
Por que é o tipico amor imposible que toda moza quere,
a que non lle gustaria un mozo rico,listo,guapo que vivera para sempre?