Buscar este blog

viernes, 26 de febrero de 2010

Outro manifesto

A FORZA DO NOSO AMOR

O noso amor esmorece
Co paso do tempo
Xa que esta xeración
Non aprecia o galego

Hoxe din que non temos forza
Pero a lingua represéntanos
Porque nela cantamos con Mendinho
Con Pondal e Manuel Antonio

Algúns despréciana sen razón
Porque non saben que Galicia é amor
Amor pasado, amor querido,
Amor loitado, amor vivido…
AMOR

Porque amaban a lingua até en soños
Os nosos avós teñen saudade.
A súa lingua silenciada
Hoxe é a nosa guía.
Loitaron, sufriron, marcharon
E a lingua non olvidaron

Nós estamos permitindo que desapareza,
Pero todo pode cambiar
Porque aínda que sexamos menos
Temos forza para arrancar,
Temos ilusión para avanzar.

Din que non temos paixón
Pero xuntos somos UN
Porque Galicia é AMOR
E o galego amor BO

miércoles, 24 de febrero de 2010

Manifesto pola lingua

A FORZA DO NOSO AMOR

o noso amor desfalece
co paso do tempo
xa que esta xeración
non aprecia o galego

Hoxe case non temos forza
pero o galego representanos
Alguns despreciana
pero sen razón
por k non saben k en Galicia hai AMOR
Amor pasado
Amor kerido
Amor loitado
AMOR con FORZA.

Os nosos avos teñen morriña
Porque eles en sonos amaban O galego.
ainda q non pudiesen disfrutalo,
coma nos agora.
Co moito que loitaron
Sufriron e pelearon
Para conservar a sua lingua!!
Nos estamos facendo k desapareza
Pero iso pode cambiar
Ainda k comparados cos nosos Avos
somos moi poucos
pero amamos o galego tanto coma eles.


Hoxe non somos tantos
pero xuntos somos un
por q o Galicia e AMOR
e os galegos amor do BO!

domingo, 7 de febrero de 2010

Se fechas os ollos, a realidade nao desaparece

Esta frase quere dicir, que se tes algún problema na túa vida, tes que afrontalo sen medo, porque aínda que peches os ollos, o problema vai seguir ahí.

jueves, 4 de febrero de 2010

Se fechas os olhos a realidade nao desaparece

Esta frase, nun sentido metafórico quere dicir por exemplo:

Diante túa ai unha farola por que a ves, está diante túa.
Agora pecha os ollos e camiña de frente, que pasa?
Claro, daste un cabezazo por que sigue aí.

Este mesmo exemplo pasa pero con outros temas, que, por moito que intentes
esquivar os problemas, volverán a ti como un Boomerang

miércoles, 3 de febrero de 2010

Non peches os ollos!

O comentario no que vou escribir e pola frase:
"Ainda que peches os ollos a realidade non desaparece"

Eu creo que moita xente pecha os ollos co que non lle gusta, pero equivòcanse
por que os temores, as inxustizas e moitas cousas que nos rodean son do PEOR.

Pero se todos pecharamos os ollos co que non non gusta, este mundo que conñecemos
agora non existiría.

Xa sei que o máis fácil e pechalos pero pensa, se todos fixeramos iso que pasaría?

Por iso, cando teñas medo de algo, non peches os ollos que asi non se amañan nunca as
cousas, soluciónanse enfrentándose a elas.
Por que a xente que te quere espera iso de ti .
Ou sexa que NON OS PECHES!

O menos isto é o que creo eu. =)

se pechas os ollos a realidade non desaparece

Esta oracion quere mostrarnos o que pasa de verdade ao noso arredor, quere que pensemos nun mundo mellor na nosa mente pero que non sigamos pensando asi cando volvamos de novo a realidade.
Todos queremos un mundo mellor para a nosa familia, e a nosa xeracion seguinte deixarlles o mellor que temos e intentar cambiar as cousas para mellor, quitando a guerra y a discriminacion e dandolle un verdadeiro significado a palabra PAZ.

Se pechas os ollos a realidade non desaparece.

Esta oracion dinos que por moito que non queiramos asimilar a realidade ela non vai cambiar. Por moito que queiramos cambiala se non facemos nada nunca cambíara.

Se pechas os ollos a realidade non desaparece.

Esta frase para mi quere decir que por moito que intentes escapar da realidade, a realidade seguirá existindo, e para vencer os problemas como as guerras e as armas temos que enfrentarnos o problema e solucionalo.

martes, 2 de febrero de 2010

Se pegas os ollos á realidade nos desaparece.

Este texto quere dicir,que hay veces que non son tan fáciles as cousas, como cerrar os ollos e que todo se solucione, quere dicir que tes que buscar outras maneiras!!

Ser forte e valente para tomar certas decisións e que tode sexa máis fácil !

por eso non debería haver guerras nin de esas cousas; deveria ser todo PAZ !!

Se pechas os ollos, a realidade non desaparece

Para min é unha expresión que se utiliza moito na sociedade, porque hai xente que non quixo saber nada das guerras, atentados, etc. Incluso agora co terremoto de Haiti, esa xente di:``A min non me afectou, dame igual.´´Por iso a min paréceme que nunca se debe de pechar os ollos á realidade, as armas, desastres naturais e guerras seguirán, que para conseguir a PAZ hai que empezar por interesarnos por esas cousas e colaborar para que volva a ser como era antes. Nunca se sabe se che pode ocorrer a ti.

A paz une a xente e axudando sempre se recibe algo a cambio.

se pechas os ollos,a realidade non desaparece

O que quere dicir é que se a realidade que hai ó redor non che gusta con pechar os ollos, mirar cara outro lado ou facer que non ves, non é a solución; haberá que buscar outras formas de cambiala. Por exemplo:

-NON a guerra.
-NON as armas.
-NON a violencia.

SI A PAZ.

lunes, 1 de febrero de 2010

A miña impresión

O que quere dicir esta frase é que por ignorar os problemas non desaparecen. È todo o contrario. Se prestamos atención aos problemas e buscamos solucións só asi é como desaparecen.