Buscar este blog

lunes, 31 de mayo de 2010

Festa Gastronómica do Galo de Curral

http://www.xornal.com/artigo/2010/05/30/galicia/vila-cruces-fai-do-galo-curral-produto-universal/2010053011404000274.html

Pois a noticia pareceme interesante xa que as festas gastronómicas atraen a un gran numero de xente e turistas, e esta localidade obteria moitos beneficios.

Edu Orgeira Uria 3ºA

domingo, 30 de mayo de 2010

Plurilingüismo no ensino obrgatorio

http://www.xornal.com/artigo/2010/05/30/politica/jesus-vazquez-asegura-aberto-gran-pacto-galego/2010053000260500562.html

Para min é unha boa noticia porque garante que me defenda ben co galego no futuro. Aparte lin noutro xornal que os alumnos que falan o galego e mailo castelán teñen mellores cualificacións. Pero ten que ser como di a noticia que o galego e o castelán estén en igualdade de condicións.





Germán Costoya Ares 3ºA

Mocidade pola lingua.

No periódico Viveiros,pareceume interesante esta noticia:

Mocidade pola lingua

Serán un total de 356 euros, o 5% do total das vendas da Galicola no presente exercicio, o que ingrese a Mocidade pola Língua. Así o comunicou esta sexta feira a Asociación Cultural Fontaira que, desde novembro de 2009, distribúe o refresco, apartando tal e como prometera, unha parte das ganancias para o bautizado Fondo polo Galego.

É interesante ver que un refresco leve ese nome para dar importancia á nosa lingua :)



Eva Novo Rivas 3 A

jueves, 27 de mayo de 2010

martes, 18 de mayo de 2010

O BarÇa e a lingua

Xusto un día antes do 17 de maio, o Barcelona celebrou no Camp Nou a súa vitoria na Liga. Fíxoo con varios discursos nos que o catalán foi a lingua empregada por Guardiola, Xavi, Valdés, Puyol, Busquets... Nada anormal, agás para algúns. Son cataláns e falan o seu idioma. Pero tamén o empregaron Dani Alves (un brasileiro), Touré (de Costa de Marfil) ou Márquez, un mexicano que parlava sen medo e con fluidez. O fútbol, tantas veces síntoma da situación social, volveu deixar claras as diferenzas lingüísticas entre Cataluña e Galicia. Mentres nun país os xogadores estranxeiros da maior entidade deportiva esfórzanse en falar o idioma propio, aquí no noso son moitos os que agardan a que o galego se faga visible entre os seus clubs. Pensen que pasaría se Celta ou Deportivo celebrasen un título. Pensen en que adoitan falar os galegos de ambos os dous equipos. Escoiten a Borja Oubiña. Imaxinen a Manuel Pablo falando galego... Pois iso, imaxinen porque iso, aquí, só é ciencia ficción.

Publicado en Xornal de Galicia do día 18 de maio

sábado, 8 de mayo de 2010

Máis fácil?

O galego a chave do plurilingüismo
Os galego falantes, temos unhas posibilidades óptimas no dominio das linguas romances, xa que ademais do noso idioma, coñecemos e dominamos o castelán, entendemos o portugués, e dispoñemos dunha enorme facilidade de lectura e comprensión do italiano e do francés.

Publicado en Chuza!

viernes, 7 de mayo de 2010

Competencia nas dúas linguas

Os alumnos galegofalantes utilizan mellor as dúas linguas que os monolingües en castelán


Etiquetas: educación, informe, idioma, lingua

05/05/2010 - E. R. AGN

O alumnado falante de galego ten unha expresión ''máis homoxénea'' en galego e castelán que o alumnado monolingüe en castelán, que presenta mellores resultados de expresión en castelán pero peores en galego. Esa é unha das conclusións do estudo 'Avaliación da competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas castelán e galego', realizado polo Instituto de Ciencias de Educación (Ice) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en desenvolvemento dun convenio asinado o pasado ano coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Publicado en De luns a venres