Buscar este blog

martes, 28 de abril de 2009

María Menendez-Ponte no IES elvña

Onte a partir das doce e media a escritora María Menendez-Ponte nacida en A Coruña veu por primeira vez ao IES Elviña e tamén á cidade para falar da súa etapa como escritora e como persoa para charlar un pouco dos seus libros e da súa vida .
Moitos de nós xa léramos algunha das súas novelas e empezamos a facerlle preguntas aínda que moitas referidas ao seu ámbito persoal pero non lle importou.
Eu por exemplo pregunteille que era o que máis lle gustaba da nosa cidade despois do mar que para ela o mar e algo que ama e gustaríalle estar todo o dia nel.
Ela respondeume con naturalidade que lle gustaba todo, pero esencialmente o mar e que antes de vir as charlas foi dar unha volta polo paseo marítimo.
Esta charla durou máis ou menos unha hora que nós queríamos alargar para non volver ás aulas.
Maria Menendez-Ponte contounos que non tiña un escritorio co seu café como fan moitos escritores e dixo que só necesitaba o seu ordenador.
Comentounos que as súas novelas estaban orientadas ao seu ámbito familiar máis ou menos e que empezou a escribir cando apuñalaron o seu avó e tamén por que era a única cousa que tranquilizaba os seus fillos cando ían de viaxe .

No hay comentarios:

Publicar un comentario