Buscar este blog

Mostrando entradas con la etiqueta lingua. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lingua. Mostrar todas las entradas

miércoles, 6 de octubre de 2010

REMATE

Despois de dous anos traballando con este Blog, pechamos a páxina para continuar aqui

sábado, 2 de octubre de 2010

Nin en soños...




Somos capaces de reproducir a historia? Adiante

jueves, 3 de junio de 2010

miércoles, 2 de junio de 2010

Modelo Burela

http://www.culturagalega.org/avg/extra_audiovisual_estreas.php?Cod_extrs=3170

Actividades:

-Procedencia da xente que traballa na vila

-Que se entende por "crisol de linguas"? E por "lingua ambiental"?

-Mocidade e lingua

-Oralidade - escrita

martes, 18 de mayo de 2010

O BarÇa e a lingua

Xusto un día antes do 17 de maio, o Barcelona celebrou no Camp Nou a súa vitoria na Liga. Fíxoo con varios discursos nos que o catalán foi a lingua empregada por Guardiola, Xavi, Valdés, Puyol, Busquets... Nada anormal, agás para algúns. Son cataláns e falan o seu idioma. Pero tamén o empregaron Dani Alves (un brasileiro), Touré (de Costa de Marfil) ou Márquez, un mexicano que parlava sen medo e con fluidez. O fútbol, tantas veces síntoma da situación social, volveu deixar claras as diferenzas lingüísticas entre Cataluña e Galicia. Mentres nun país os xogadores estranxeiros da maior entidade deportiva esfórzanse en falar o idioma propio, aquí no noso son moitos os que agardan a que o galego se faga visible entre os seus clubs. Pensen que pasaría se Celta ou Deportivo celebrasen un título. Pensen en que adoitan falar os galegos de ambos os dous equipos. Escoiten a Borja Oubiña. Imaxinen a Manuel Pablo falando galego... Pois iso, imaxinen porque iso, aquí, só é ciencia ficción.

Publicado en Xornal de Galicia do día 18 de maio

sábado, 8 de mayo de 2010

Máis fácil?

O galego a chave do plurilingüismo
Os galego falantes, temos unhas posibilidades óptimas no dominio das linguas romances, xa que ademais do noso idioma, coñecemos e dominamos o castelán, entendemos o portugués, e dispoñemos dunha enorme facilidade de lectura e comprensión do italiano e do francés.

Publicado en Chuza!

viernes, 7 de mayo de 2010

Competencia nas dúas linguas

Os alumnos galegofalantes utilizan mellor as dúas linguas que os monolingües en castelán


Etiquetas: educación, informe, idioma, lingua

05/05/2010 - E. R. AGN

O alumnado falante de galego ten unha expresión ''máis homoxénea'' en galego e castelán que o alumnado monolingüe en castelán, que presenta mellores resultados de expresión en castelán pero peores en galego. Esa é unha das conclusións do estudo 'Avaliación da competencia do alumnado de 4º da ESO nos idiomas castelán e galego', realizado polo Instituto de Ciencias de Educación (Ice) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en desenvolvemento dun convenio asinado o pasado ano coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Publicado en De luns a venres

viernes, 26 de febrero de 2010

Outro manifesto

A FORZA DO NOSO AMOR

O noso amor esmorece
Co paso do tempo
Xa que esta xeración
Non aprecia o galego

Hoxe din que non temos forza
Pero a lingua represéntanos
Porque nela cantamos con Mendinho
Con Pondal e Manuel Antonio

Algúns despréciana sen razón
Porque non saben que Galicia é amor
Amor pasado, amor querido,
Amor loitado, amor vivido…
AMOR

Porque amaban a lingua até en soños
Os nosos avós teñen saudade.
A súa lingua silenciada
Hoxe é a nosa guía.
Loitaron, sufriron, marcharon
E a lingua non olvidaron

Nós estamos permitindo que desapareza,
Pero todo pode cambiar
Porque aínda que sexamos menos
Temos forza para arrancar,
Temos ilusión para avanzar.

Din que non temos paixón
Pero xuntos somos UN
Porque Galicia é AMOR
E o galego amor BO

miércoles, 24 de febrero de 2010

Manifesto pola lingua

A FORZA DO NOSO AMOR

o noso amor desfalece
co paso do tempo
xa que esta xeración
non aprecia o galego

Hoxe case non temos forza
pero o galego representanos
Alguns despreciana
pero sen razón
por k non saben k en Galicia hai AMOR
Amor pasado
Amor kerido
Amor loitado
AMOR con FORZA.

Os nosos avos teñen morriña
Porque eles en sonos amaban O galego.
ainda q non pudiesen disfrutalo,
coma nos agora.
Co moito que loitaron
Sufriron e pelearon
Para conservar a sua lingua!!
Nos estamos facendo k desapareza
Pero iso pode cambiar
Ainda k comparados cos nosos Avos
somos moi poucos
pero amamos o galego tanto coma eles.


Hoxe non somos tantos
pero xuntos somos un
por q o Galicia e AMOR
e os galegos amor do BO!

jueves, 21 de enero de 2010

Na rúa

Demostración de amor á lingua nas rúas de Santiago. Foto de A Nosa Terra

sábado, 10 de octubre de 2009

viernes, 21 de agosto de 2009

domingo, 21 de junio de 2009

que somos?

Puxémoslle nome ás persoas: Suso, Maruxa,... apelido: Vázquez, Nogueira, .... e alcume: o Bichoguizo, a Rachaoferro, ....Puxémoslle nome ás nosas árbores: amieiro, freixo,... e apelidos: Carballa da Rocha, Castiñeiro da Capela,...Botamos aturuxos, arroutadas,.... e damos colo, apertas, ....Puxémoslle nome ás froitas: pexego, mazá, ....Aos arbustos: silva, xesta, ....Ás nosas herbas: camariña, herba de namorar, ...Ás comidas: grelos, cacheira, .....Puxémoslle nome aos insectos: vagalume, escornabois, ......Aos peixes: xouba, ollomol , .... e aos mariscos: vieira, zamburiña,....Ás nosas praias: de Rodas, A Rapadoira, ....Ás serras: O Larouco, A Capelada, ...Aos montes: A Zapateira, O Galiñeiro, ...As rochas: Pena Corneira, A Pedra de Avalar, ...Aos ríos: Toxa, Xallas,..Aos pobos: Soutelo, Peroxa, ....Aos males: Mal de Ollo, O Arangaño,...Aos nosos medos: A Santa Compaña, O Negro Meigallo,...Aos nosos heroes: O Foucellas, Roi Xordo,..Aos monstros: Sacauntos, Fendetestas, ...As vacas: Marela, Xeitosa, ....Aos disfraces: Peliqueiro, Boteiro, ..Aos sentimentos: morriña, agarimo, ...Aos santos: A Franqueira, O Corpiño, ..Ás nosas festas: A Rapa das Bestas, O Magosto, ...Á musica: os alalás, a chouteira, .......Aos xogos: a billarda, a porca, ......Ás partes do corpo: as costas, os xeonllos, ..Aos paxaros: paporrubio, rula,...Ao vestido: saia, polaina,.......e agora veñen que para que serve o galego, pois e obvio, para entendernos.

martes, 2 de junio de 2009

falalo ou non falalo, esa é a cuestión

O día 26 viñeron uns chicos e chicas dun instituto a facer una obra de teatro que ia dunha serie de asasinatos a unha familia para quedarse coa herdanza da finada.

Eu quero dicir que hoxe en día a maioria da xente non fala galego, a música tamén se escribe en castelán, as obras de teatro…

Quero que isto cambie porque estando como estamos en galiza haberia que falar galego ¿Non?

Eu non falo galego habitualmente pero inténtoo.

Falemos a nosa lingua, manteñamola viva.

lunes, 11 de mayo de 2009