Buscar este blog

martes, 18 de mayo de 2010

O BarÇa e a lingua

Xusto un día antes do 17 de maio, o Barcelona celebrou no Camp Nou a súa vitoria na Liga. Fíxoo con varios discursos nos que o catalán foi a lingua empregada por Guardiola, Xavi, Valdés, Puyol, Busquets... Nada anormal, agás para algúns. Son cataláns e falan o seu idioma. Pero tamén o empregaron Dani Alves (un brasileiro), Touré (de Costa de Marfil) ou Márquez, un mexicano que parlava sen medo e con fluidez. O fútbol, tantas veces síntoma da situación social, volveu deixar claras as diferenzas lingüísticas entre Cataluña e Galicia. Mentres nun país os xogadores estranxeiros da maior entidade deportiva esfórzanse en falar o idioma propio, aquí no noso son moitos os que agardan a que o galego se faga visible entre os seus clubs. Pensen que pasaría se Celta ou Deportivo celebrasen un título. Pensen en que adoitan falar os galegos de ambos os dous equipos. Escoiten a Borja Oubiña. Imaxinen a Manuel Pablo falando galego... Pois iso, imaxinen porque iso, aquí, só é ciencia ficción.

Publicado en Xornal de Galicia do día 18 de maio

2 comentarios: